Escola de Cances

martes, 14 de febrero de 2017

ESTIMULACIÓN DA LINGUAXE ORAL

Nesta entrada do blog podedes ver diferentes enlaces cos que se pode  estimular a linguaxe oral dos máis cativos/as. Na dereita do blog aparecen varias etiquetas onde podedes acceder máis facilmente os contidos do mesmo.


- Exercicios para mellorar o tono muscular e a coordinación dos órganos implicados na articulación da fala

CONTO: EL ÁRBOL DE LA ESCUELA




Hoxe estivemos lendo este conto, para seguir aprendendo cousas que tanto nos gustan da natureza.
Encantounos a historia de Pedro e a árbore que naceu na súa escola, o fin e o cabo nós tamén temos os nosos carballos na escola, e temos que coidalos igual que Pedro coida a súa árbore.
Gracias a esta temática traballamos tamén o que nos fai falla para plantar unha planta:
-Terra
-Sementes
-Auga
-Luz solar
-E moito agarimo 
Xa que as plantas son SERES VIVOS e debemos tratalas con moito respecto e coidado.



Resultado de imaxes para EL ÁRBOL DE LA ESCUELA

LÁMINAS PARA A COMPRENSIÓN LECTORA -EDUCACIÓN PRIMARIA

Neste enlace podense ver diferentes láminas educativas para traballar a comprensión lectora con nenos e nenas de Educación Primaria, dentro da páxina deORIENTACIÓN ANDÚJAR.


http://www.orientacionandujar.es/2017/01/23/comprension-lectora-imagenes-divertidas/

TRABALLAMOS A MOTRICIDADE DAS MANS CON CONTOS

UNHA DAS FORMAS QUE EMPREGAMOS PARA TRABALLAR A MOTRICIDADE DAS MANS E DEDOS  É A TRAVÉS DOS CONTOS DE TAMARA CHUBAROVSKY, ESTES DÍAS ESTIVEMOS CO CONTO DE PIC E PUC E ENCANTOUNOS, SEGUIREMOS APRENDENDO MOITOS MÁIS.

DEIXAMOSVOS UN VÍDEO DE COMO TRABALLA ESTA PEDAGOGA, POR SE QUEREDES PRACTICAR NAS VOSAS CASAS

O CARBALLO CON BOTAS- CANCES 2017



CON MOTIVO DA PRÓXIMA VISITA DOS FORESTAIS NA ESCOLA DE CANCES DECIDIMOS PRANTAR DOUS CARBALLOS, E DESPOIS DE LER O CONTO O CARBALLO CON BOTAS DE ANXO MOURE, GUSTOUNOS A IDEA DE PRANTALOS NUNHAS BOTAS, QUE DENTRO DUNS DÍAS OS LEVAREMOS Ó MONTE PARA QUE POIDAN MEDRAR MOITO MAIS.
GRAZAS Á COLABORACIÓN DAS FAMILIAS.